luns, 13 de xullo de 2020

PRESENTACIÓN COMPLETA DO PROXECTO

Poñéndolle un pouquiño de paciencia podedes navegar por esta presentación vendo tódalas experiencias que xerou o noso proxecto. Temos algún detalliño aínda en construción pero xa podedes ver a maior parte. Grazas a todos por colaborar cos mouchiños!

domingo, 28 de xuño de 2020

QUE QUEREMOS

Un curso máis facemos un blog especial para dar conta de tódalas experiencias xurdidas arredor deste PDI, adicado ao coidado do planeta que Elcano circunnavegou por vez primeira no século XVI. Parte do proxecto quedou parado por mor da pandemia, pero aínda así tentamos seguir artellando aprendizaxes dende o noso acubillo nas casas.